Inicio Carballo ao día Hemeroteca Convocadas as subvencións para actividades...

SOLICITUDES: DO 1 AO 16 DE DECEMBRO INCLUSIVES

Convocadas as subvencións para actividades das ANPAs, para a realización de viaxes escolares e o desenvolvemento de Cabalgatas de Reis en Carballo

Xoves 1 de decembro do 2016

Cabalgata de Reis 2016

Un momento da Cabalgata de Reis da capital municipal no pasado Nadal

O Concello de Carballo informa de que está aberto o prazo entre o 1 e o 16 de decembro para solicitar as subvencións para as ANPAs dos colexios e institutos de Carballo para a realización do programa de actividades do ano; para as axudas aos colexios de Infantil e Primaria e aos institutos de Carballo para a realización de viaxes escolares durante o ano 2016; e para as subvencións para a realización de Cabalgatas de Reis no ano 2016. O prazo de solitude para as tres convocatorias está aberto entre o 1 de decembro e o 16 de decembro de 2016 (inclusives). As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Carballo (preferentemente no Rexistro existente no Pazo da Cultura, rúa do Pan, s/n).

Subvencións para ANPAs

No caso das subvencións para Asociacións de Pais e Nais de Alumnos/as (ANPAs) dos colexios e institutos de Carballo para a realización do programa de actividades 2016, a finalidade é a de colaborar coas asociacións de pais e nais que representan os intereses dun sector moi importante da comunidade educativa que complementan as actividades académicas e realizan un importante labor de dinamización cultural dos centros educativos de Carballo, promovendo a organización e realización de actividades de carácter educativo por parte destas entidades.

Subvencións para viaxes escolares

No caso das subvencións para os colexios de 2º ciclo de Educación Infantil e Primaria e Institutos de Educación Secundaria para a realización de viaxes escolares durante o ano 2016, o obxectivo é o de colaborar cos centros educativos na realización de actividades de carácter formativo fóra do medio propiamente escolar, complementando as actividades académicas e ofrecéndolle ao alumnado a posibilidade de coñecer novos lugares e recursos, e en cumprimento das competencias que o Concello de Carballo ten na promoción da cultura e da ocupación do tempo libre.

Subvencións para Cabalgatas de Reis

No caso das subvencións para a realización de cabalgatas de Reis do ano 2016, éstas teñen por obxecto colaborar coas asociacións ou colectivos que organizaron cabalgatas no municipio durante o presente ano coa finalidade de contribuír ao mantemento de tradicións tan populares como as cabalgatas, apoiando o papel do tecido asociativo de carácter cultural na organización destas actividades e a celebración das mesmas en todas as parroquias do municipio.

Os IMPRESOS DE SOLICITUDE poden descargarse máis abaixo en varios documentos en pdf.

Descargas

Compartir: