Inicio Carballo ao día Hemeroteca Teatro, monicreques, maxia, música, os...

CITAS ENTRE O 11 DE DECEMBRO E O 8 DE XANEIRO

Teatro, monicreques, maxia, música, os Reis Magos, o Apalpador, arte, literatura, exposicións: no Nadal Cultural 2016

Mércores 7 de decembro do 2016

Rolda de prensa

Un momento da presentación do programa

O Nadal Cultural chega con propostas "para todos os públicos e para todas as sensibilidades" en verbas da Tenente de Alcalde Milagros Lantes, cargado de citas durante todo o mes de decembro e até o 8 de xaneiro. Teatro, monicreques, maxia, música, os Reis Magos, o Apalpador, arte, literatura, exposicións... son só algunhas das actividades que animarán as festas. Entre as novidades deste ano, hai que mencionar a programación do DAC Outono Cultural da Deputación da Coruña, con dúas citas: unha o domingo 11 polas rúas da vila coa animación cultural das Irmandades da Fala; e outra o venres 16 con Carlos Blanco e Luis Davila no Pazo da Cultura, unha cita gratuíta con convite para todos os públicos.

Carlos Blanco e Luis Davila actúan o venres 16 de decembro no Pazo da Cultura nunha actuación gratuíta do DAC Outono Cultural

Coma sempre, hai que mencionar os Cantos de Nadal e a entrega de premios do Concurso de Postal e Cartaz de Nadal, neste caso o sábado 17 de decembro, co Coro de Voces Brancas, o Coro O Candil, Coro Vagalume e a ACRD Razo. Todo Lar, un ano máis, encárgase dos premios e agasallos para os cativos e cativas. José Manuel Naya, responsable do establecemento, transmitiulle os parabéns ao Concello pola alta participación deste ano, con preto de 1.500 nenos e nenas, e por organizar esta cita para os máis pequenos da casa.

Nadal Pequespectacular

Martes, de Baobab Teatro

Martes, de Baobab Teatro

Este ano o Nadal Pequespectacular transcorre entre o martes 27 e o venres 30 de decembro, con catro actuacións con entradas a 3 euros (2 euros con desconto) e inclúe, para nenos e nenas maiores de 3 anos, o teatro da compañía Caramuxo e da compañía Baobab Teatro ou o teatro musical da Carapuchiña Vermella de Educateatro Producións; para nenos e nenas maiores de 5 anos Cayetano Lledó pon a maxia de Máximo Circus Cabaret. Todas as citas contan coa colaboración da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais).

Por se todo isto fose pouco, o xoves 5 de xaneiro será a tradicional Cabalgata de Reis polas rúas de Carballo, e tamén nas parroquias en Artes, Baldaio, Berdillo, Oza, Entrecruces e sísamo, co día 6 en RAzo, Lema, Cances Ardaña e Sofán. E ademais, haberá un montón de citas na Biblioteca Rego da Balsa con presentacións literarias e contacontos; Mercarte, de Crea Formas Artísticas, unha cita coa arte local no Mercado Municipal; visitas do Apalpador da man de Senda Nova e tamén na Ludoteca; exposicións fotográficas; a campaña de Nadal no comercio #Semecachadescóntovos; e citas específicas para a terceira idade con bailes con Rocío Pérez o domingo 18 de decembro e o domingo 8 de xaneiro.

Entradas e convites

Para que non perdades nada do que o Concello ten que ofrecer, aquí vos deixamos as indicacións para conseguir as entradas e convites:

  • CONVITES PARA O ESPECTÁCULO DE CARLOS BLANCO E LUÍS DAVILA. Recollida previa de invitacións a partir do venres 9 ao xoves 15 de decembro, de 11.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 20.30 horas no Pazo da Cultura; o venres 16 de decembro de 11.00 a 14.00 horas no Pazo e a partir das 19.30 horas na billeteira. Máx. 4 por persoa.
  • ENTRADAS NADAL PEQUESPECTACULAR. Reserva de entradas do 19 ao 30 de decembro, de 11.00 a 14.00 horas. Máx. 4 por persoa. Venda de entradas: os días de función desde ás 16.30 horas.
  • PAZO DA CULTURA: Rúa do Pan, s/n 15100 Carballo. Teléfono: 981 704 300.
Podedes descargar o programa completo con todas, todas, todas as citas máis abaixo nun documento en pdf.

Descargas

Novas relacionadas

Compartir: