Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de 100 deportistas participaron no...

ORGANIZADO POR JUDO CLUB BERGANTIÑOS E O CONCELLO

Máis de 100 deportistas participaron no Campionato de Judo do Nadal Carballo 2016 que se disputou o 11 de decembro

Luns 12 de decembro do 2016

Campionato de Judo do Nadal Carballo 2016

Un momento do campionato no Pavillón Vila de Noia

Máis de 104 deportistas divididos en 12 equipos de toda a provincia da Coruña participaron o domingo 11 de decembro no Campionato de Judo do Nadal Carballo 2016 celebrado durante toda a xornada no Pavillón Vila de Noia, e organizado polo Judo Club Bergantiños coa colaboración do Concello de Carballo. Máis de 200 persoas asistiron como público para non perder o espectáculo no que participaron agrupacións de categoría alevín por equipos mixtos. Ademais, durante a cita recolléronse xoguetes novos para Cruz Vermella Carballo e colaborar así coa campaña que a entidade desenvolve este Nadal no municipio para que ningún neno quede sen xoguete estas festas.

Durante a cita recolléronse xoguetes novos para Cruz Vermella Carballo para colaborar coa campaña da entidade para este Nadal

No que se refire aos resultados, no grupo A impúxose o equipo Axiña A, seguido do Ferrolterra Judo Club; e o terceiro posto foi para os clubs Arteixo e Compostela. No grupo B gañou o equipo San Francisco Teo, co segundo posto para o Judo Club Laracha-Karbo; estiveron seguidos polo equipo Xogos da Amizade e o Judo Club Bergantiños. No grupo C no primeiro lugar quedou Fibra, co segundo posto para o Judo Club Cambre e as seguintes posicións ocupadas polo Axiña B e o Camariñas.

Os interesados e interesadas poden consultar todos os resultados nun documento en pdf máis abaixo nesta mesma nova.

Descargas

Compartir: