Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Fórum acolle un curso de redes sociais...

A ACCIÓN FORMATIVA CONSTA DE 60 HORAS LECTIVAS

O Fórum acolle un curso de redes sociais como ferramenta para a busca de emprego organizado pola BDT

Mércores 14 de decembro do 2016

BDT Carballo

A BDT está situada no segundo andar do Fórum

Un total de 20 persoas desempregadas inscritas na Bolsa de Traballo Municipal participan no curso até o 30 de decembro

O luns 12 de decembro deu comezo no Fórum Carballo un curso de Redes sociais como ferramenta de busca de emprego e marca persoal organizado pola Bolsa de Traballo (BDT) do Concello. Esta acción formativa consta de 60 horas lectivas e estenderase até o 30 de decembro de 2016. Está formado por 20 alumnos e alumnas inscritos na BDT. O horario do curso é de 16.30 a 20.30 horas de luns a venres. Os seus contidos xerais son: introdución ás redes sociais; as redes na empresa e nos diferentes entornos; deseño do perfil en redes como Facebook, Twitter, Linkedin, etc,; Youtube como ferramenta e rede social; o Whatsapp como rede social; portais de procura de emprego.

Compartir: