Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carlos Blanco, Luis Davila, panxoliñas,...

VENRES 16 E SÁBADO 17 DE DECEMBRO

Carlos Blanco, Luis Davila, panxoliñas, cantos e noitiñas de Nadal: na programación do Nadal Cultural para a fin de semana

Xoves 15 de decembro do 2016

Luis Davila e Carlos Blanco

Luis Davila e Carlos Blanco estarán o venres 16 no Menú da Fala

Esta fin de semana, os días 16 e 17 de decembro, continúa a programación do Nadal Cultural con varias actividades de teatro e música para público infantil e familiar e para adultos. O venres 16 de decembro terá lugar a última das actividades do programa do DAC-Outono Cultural que organiza a Deputación da Coruña, co espectáculo Menú da Fala de Carlos Blanco e Luís Davila, dous dos piares básicos galegos no eido do humor narrado e do humor gráfico respectivamente. Menú da Fala é unha homenaxe á lingua, unha celebración oral que fai unha simbiose entre a narración e a imaxe para poner en valor o noso idioma, facendo fotografías do natural amosando o orgullo galego, con notas de humor e debuxos únicos. Esta función comeza ás 21.00 horas e a entrada é con convite (que están agotados desde hai uns días).

A entrega de premios do Concuso de Cartel e Postal de Nadal 2016 terá lugar o sábado 17 de decembro no Pazo da Cultura

Xa o sábado 17 de decembro, ás 18.00 horas, terá lugar no Pazo da Cultura o tradicional Festival de Cantos de Nadal coa actuación das seguintes agrupacións musicais: Coro O Candil de Sísamo, Coro Voces Brancas, Coro Vagalume e Cantareiras e Cantareiros da AC San Martín de Razo que interpretarán diferentes obras musicais típicas de Nadal. A entrada é libre. No mesmo acto, tamén terá lugar a entrega de premios do Concurso de Cartel e Postal de Nadal 2016 no que participaron 1.458 nenos e nenas de 10 colexios de Educación Infantil e Primaria de Carballo. Farase entrega a todos os gañadores de xoguetes e material didáctico por un importe total de 575 euros, así como 150 euros en material didáctico para o colexio ao que pertence o gañador do 1º Premio.

Noitiñas de Nadal con Arume

Para finalizar as citas da finde, o sábado 17 de decembro terá lugar a partir das 21.30 horas outra
actividade musical que queremos destacar, como son As Noitiñas de Nadal que organiza o Concello coa asociación cultural e xuvenil Arume de Berdillo, os cantos tradicionais propios destas datas, que se cantaban nos camiños e nas portas das casas, e que Arume recupera e volve  a recrear no Adro da Igrexa, e nas rúas Martín Herrrera e Coruña, acompañada dunha sinxela posta en escena e representación.

Compartir: