Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Forúm acollerá este mes o 3º...

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Forúm acollerá este mes o 3º Curso de Cociña Saudable para profesionais do sector hostaleiro

O prazo de inscrición está aberto ata o día 12, e as sesións formativas comezarán o 16

Mércores 4 de xaneiro do 2017 Carballo ao día

Co obxectivo de seguir ofrecendo ao sector da hostalería e da restauración unha formación continua, de calidade e de balde, o Concello de Carballo, a través da Concellaría de Promoción Económica e Turismo, oferta a terceira edición do Curso de Cociña Saudable. Impartirase nas instalacións do Fórum, nun programa de 15 horas (tres diarias) de clases case exclusivamente prácticas, repartidas entre o 16, 18, 23, 25 e 30 de xaneiro, de 16.30 a 19.30.  As prazas, limitadas, reservaranse por orde de inscrición, prazo que rematará o xoves 12 deste mes. Os interesados deben cubrir o formulario online que aparece ao final desta páxina.

A docente do curso é Noa Vázquez Rendal, asesora nutricional, licenciada en Bioloxía e en Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos, máster en medicina natural e experta en nutrición aplicada e nutrición ortomolecular.

Rendal ofrecerá aos profesionais ferramentas eficaces para desenvolver menús saudables para o consumidor xeral, para os grupos de poboación con algunha enfermidade (celíacos, diabéticos, intolerantes á lactosa, hipertensos,...) e tamén aptos para os vexetarianos e veganos.
Outro dos obxectivos das clases é o de Incrementar a oferta gastronómica dos locais mediante a introdución de menús saudables, ofrecendo así variedade e atractivo sensorial, ademais de alimentación nutricionalmente equilibrada para manter a saúde dos clientes.

Ligazóns

Descargas

Compartir: