Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo comezou o 2017 co...

O Concello de Carballo comezou o 2017 co mínimo histórico de facturas pendentes do ano anterior

A maior parte das obrigas que serán recoñecidas no pleno do luns corresponden a facturas do 2016 que foron rexistradas xa neste exercicio

Venres 27 de xaneiro do 2017 Carballo ao día

A corporación municipal aprobará no pleno do luns o recoñecemento de obrigas de exercicios anteriores, é dicir, facturas que por diversos motivos quedaron pendentes de pago. Este ano acádase un mínimo histórico, xa que a suma total sitúase nos 35.240,87 euros, que supoñen un 0,14% do orzamento, mentres que noutros exercicios chegou a representar máis do 5%. Unha porcentaxe desas facturas foron presentadas nos últimos días do 2016, co que, polos trámites administrativos que conlevan, resultaba moi difícil abonalas, pero a maioría teñen data do ano pasado pero foron presentadas xa no 2017, co que neste caso xa é imposible que estivesen pagadas.

O goberno municipal intenta cumprir cos seus provedores tal como establece a lei. De feito, no pleno do luns tamén se dará conta do informe de morosidade correspondente ao 4º trimestre do último exercicio. A media de pago foi de 33,81 días. Dentro de prazo abonáronse 1.042 facturas por máis de 3,5 millóns de euros, e fóra de prazo pagáronse 376 facturas que suman 463.000 €. En canto a pagos pendentes, dentro de prazo hai 654 por 883.972,92 €, e fóra hai 151 por 81.825 €. De igual xeito, na sesión ordinaria darase conta do informe remitido a Facenda sobre o 4º trimestre do 2016, segundo o cal o Concello de Carballo cumpre con todas as obrigas orzamentarias.

Outros asuntos

Todos estes datos foron facilitados polo alcalde, Evencio Ferrero, na presentación dos asuntos do pleno ordinario de xaneiro, no que tamén se formalizará a adhesión do Concello de Carballo á CMAT, abordarase unha moción do PP sobre a circulación na rúa Martín Herrera e someterase a votación a solicitude de comparecencia das concelleiras de Persoal, Belén Lendoiro, e Planificación e Mobilidade Urbana, Milagros Lantes, presentada polos tres grupos da oposición.

Podedes consultar a orde do día completa no documento adxunto.

Descargas

Compartir: