Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello promociona o pan e os produtos...

O Concello promociona o pan e os produtos turísticos de Carballo en Xantar

A Concellería de Promoción Económica terá un stand en Expourense do 1 ao 5 de febreiro

Martes 31 de xaneiro do 2017 Carballo ao día

Carballo non podía faltar á cita con Xantar, e menos este ano, no que se cumpren 10 da primeira participación do noso concello no Salon Internacional do Turismo Gastronómico que se celebra en Ourense. A Concellería de Promoción económica acude cun stand do 1 ao 5 de febreiro para promocionar o pan e os produtos das panaderías locais, así coma o resto de produtos turísticos do municipio, nunha das mellores plataformas que existen agora mesmo en Galicia.

A Concellería de Promoción Económica considera especialmente importante a participación en foros deste tipo, xa que a gastronomía é a segunda motivación dos turistas para visitar Galicia. 

Carballo formará parte dos 232 expositores que acoden este ano ás instalacións de Expourense, que dan a benvida a representantes de 11 países. É, de feito, a edición máis internacional de Xantar, e Carballo terá o seu espazo para dar a coñecer ao mundo a calidade do noso pan e das nosas empanadas.

Ligazóns

Compartir: