Inicio Carballo ao día Hemeroteca Arranca o curso de metal organizado polo Concello...

Arranca o curso de metal organizado polo Concello de Carballo para dar resposta ás necesidades de formación do mercado laboral

Nos últimos dous anos a BDT recibiu máis de sesenta ofertas de emprego relacionadas co sector da fabricación mecánic

Luns 6 de marzo do 2017 Carballo ao día

Os 15 alumnos que superaron con mellores notas o proceso selectivo desenvolvido nos últimos días iniciarán mañá martes a súa formación especializada en soldadura con chapa fina, tubos redondos e cadrados con TIG e MIG/MAG nas instalacións do Fórum Carballo. Serán 616 horas, 100 delas de prácticas non laborais en empresas e as restantes, divididas entre a formación en prevención de riscos laborais (66 horas) e a formación vinculada á fabricación mecánica (450 horas).

A Concellaría de Promoción Económica aposta pola formación orientada cara o emprego co obxectivo de cubrir os baleiros existentes na oferta formativa regrada e de preparar a profesionais que realmente saiban dar resposta ás demandas actuais do mercado laboral, neste caso da industria do metal. Neste caso o obxectivo é que os 15 traballadores poidan realizar ao remate da súa formación o proceso completo de creación dun deseño industrial, incluídos o pulido, o satinado e a montaxe final, mellorando deste xeito as súas posibilidades de inserción laboral.

Nos últimos dous anos a Bolsa de Traballo (BDT) do Concello de Carballo recibiu máis de 60 ofertas de emprego relacionadas co sector do metal, 40 delas só no 2016. A demanda vai en aumento, e, de feito, as empresas colaboradoras que avalan esta oferta formativa (Grupo Caamaño, Grupo Alumán, Formas Inoxman e Mantiñán Lestayo) atópanse en proceso de expansión e teñen en previsión ampliar os seus cadros de persoal.

Compartir: