Inicio Carballo ao día Hemeroteca Confirmada a participación de 18 locais de...

Confirmada a participación de 18 locais de hostalería na quinta edición de Carballo por Etapas

O tren da ruta de tapas fará este ano un percorrido completo por distintos barrios do casco urbano

Venres 7 de abril do 2017 Carballo ao día

Dezaoito establecementos de hostalería teñen confirmada a súa participación na quinta edición de Carballo por Etapas, que se celebrará as fines de semana do 26 ao 28 de maio e do 2 ao 4 de xuño. Na relación hai locais situados en distintos barrios urbanos, polo que o tren turístico que acompaña ao evento edición tras edición fará este ano un completo percorrido pola vila.

Na listaxe de participantes figuran A Barra Bar, A Cervecería de Luis, A Nova Ferradora, Cervecería A Tapería (antes Cafés A Cafeteira), cafetería Abastos, cafetería bar Ginebra, cafetería bar Embajador, cafetería Habanos 79; cervecería Ágora, cervecería Dublín, cervecería La Bombonera, mesón A Cabaña, mesón As Viandas, restaurante El Hórreo, restaurante Mesón do Pulpo, restaurante vinoteca A de Pako, taberna O Mexillón e trattoría pizzería Vesuvio.

A Concellaría de Promoción Económica e a Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober) traballan man a man na organización da ruta, que mantén o esquema de funcionamento das edicións anteriores. Deste xeito, a primeira fin de semana estará dedicada ao atún Calvo e a segunda, aos produtos de Bergantiños. As tapas custarán 1,5 euros, e con cada unha entregarase un boleto tipo rasca co que a clientela poderá conseguir premios instantáneos. O horario será de 20 a 22 os venres, e de 12 a 14 e 20 a 22 os sábados e os domingos.

Compartir: