Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo realiza un desmonte xunto...

O Concello de Carballo realiza un desmonte xunto ao centro social de Cances para ampliar o espazo público

Foi unha das obras solicitadas pola veciñanza no Consello Parroquial

Xoves 13 de abril do 2017 Carballo ao día

As obras do desmonte son executadas pola empresa Construcciones Dámaso Ferreiro

As obras do desmonte son executadas pola empresa Construcciones Dámaso Ferreiro

Na parroquia de Cances xa non terán este ano problemas de espazo para instalar a carpa da Festa do Pichorro ou para contratar orquestras con grandes tráilers, porque a ampla zona pública que rodea o centro social e as escolas será aínda máis grande co desmonte que se está a levar a cabo, e que foi unha das solicitudes presentadas pola veciñanza no Consello Parroquial. A empresa Construcciones Dámaso Ferreiro encárgase da execución dos traballos, que se completarán co acondicionamento da zona para o seu uso público.

A petición dos veciños e veciñas, así mesmo, parte do material procedente do desmonte será utilizado no acondicionamento de pistas forestais. Ao igual que están a facer no resto das parroquias, o alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras, Luis Lamas, xa realizaron un percorrido pola acompañados polos representantes veciñais para ver in situ as súas demandas.

Compartir: