Inicio Carballo ao día Hemeroteca Mulleres vítimas de violencia de...

Mulleres vítimas de violencia de xénero asistiron a un obradoiro sobre aplicacións móbiles organizado polo CIM

A actividade foi impartida polo responsable da oficina de atención a vítimas de violencia de xénero da Garda Civil de Carballo

Venres 28 de abril do 2017 Carballo ao día

O responsable da oficina de atención ás vítimas de violencia de xénero da Garda Civil de Carballo impartiu o obradoiro

O responsable da oficina de atención ás vítimas de violencia de xénero da Garda Civil de Carballo impartiu o obradoiro

O Centro de Información á Muller (CIM), en colaboración coas forzas e corpos de seguridade de Carballo, impartiu un obradoiro sobre “Aplicacións móbiles para mulleres que sofren violencia de xénero”, no que participaron mulleres que contan ou contaron nalgún momento con medidas de protección. 

O responsable da oficina de atención ás vítimas de violencia de xénero da Garda Civil de Carballo, que foi o encargado de impartir o obradoiro, explicou ás participantes os distintos recursos que teñen á súa disposición a través das novas tecnoloxías con información sobre a violencia de xénero, como interpoñer unha denuncia, cales son os seus dereitos ou como acceder a sistemas de xeolocalización no caso de que os precisen.

As persoas que necesiten asesoramento sobre cuestións relacionadas coa violencia de xénero poden dirixirse ao CIM, situado no antigo ambulatorio, de 9.30 a 13.30 horas, de luns a venres, ou chamar aos teléfonos 981700688 ou 638123460.

Compartir: