Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo pon a punto o San...

O Concello de Carballo pon a punto o San Martiño de cara ás festas de San Xoán

O aglomerado e a sinalización do aparcamento sumarase á recente construción dunha pasarela peonil no parque

Venres 26 de maio do 2017 Carballo ao día

O San Martiño ofrecerá unha nova imaxe este San Xoán. O Concello de Carballo está a traballar na posta a punto dunha das áreas máis concorridas durante as celebracións patronais, pero tamén o resto do ano, xa que acolle un dos aparcamentos públicos que veciñanza e visitantes poden utilizar de balde. Para mellorar as condicións desa importante bolsa de estacionamento hoxe mesmo comezaron as obras de fresado previas ao aglomerado de toda esa superficie. A actuación rematará coa sinalización das prazas para vehículos e das zonas de circulación.

O acondicionamento do espazo de aparcamento súmase á recente construción dunha pasarela peonil na zona verde, unha vella demanda das persoas usuarias do parque que facilita a súa utilización en calquera época do ano e mellora a accesibilidade.

Compartir: