Inicio Carballo ao día Hemeroteca Ermitas Rey Barca, gañadora da viaxe a...

"QUERE O TEU MERCADO"

Ermitas Rey Barca, gañadora da viaxe a Madeira no sorteo da campaña de promoción do mercado municipal

Domingo 28 de maio do 2017 Carballo ao día

O concelleiro Xosé Regueira, xunto ás

O concelleiro Xosé Regueira, xunto ás "mans inocentes" que sacaron las papeletas da urna

Ermitas Rey Barca é a gañadora da viaxe a Madeira que rifou a Concellería de Promoción Económica entre a clientela do mercado municipal.  O sorteo celebrouse hoxe pola mañá na propia praza de abastos, coa presenza do concelleiro Xosé Regueira. Ermitas Rey ten de prazo ata o 30 de novembro para gozar do seu premio, unha viaxe para dúas persoas que inclúe os voos directos desde Santiago, os traslados entre os aeroportos e o hotel, e sete días de estancia nun hotel de tres estrelas en réxime de aloxamento e almorzo.

Segundo as bases do concurso, hoxe sacouse da urna un segundo boleto que queda como reserva para o suposto de que a gañadora non poida desfrutar do seu premio. Nese caso a substituta sería María Josefina Martínez Zas. 

A rifa puxo fin á campaña internacional “Quere o teu mercado”, promovida en Galicia dende a Xunta coa colaboración dos concellos, e que coincidiu coa celebración, o 27 de maio, do Día Internacional do Mercado. O obxectivo é poñer en valor o papel revitalizador das prazas de abastos, que son garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada; así como fomentar o consumo local.

Compartir: