Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Festival Internacional de Arte Pública...

REXENERA FEST

O Festival Internacional de Arte Pública de Carballo está de volta para encher de vida outras nove paredes da vila

Este luns 29 empezarán a traballar todos os artistas e tamén arrancará a primeira das dúas master classes que forman parte do programa

Domingo 28 de maio do 2017 Carballo ao día

Rexenera Fest 2017, o Festival Internacional de Arte Pública de Carballo está de volta! E xa temos na localidade aos nove artistas que intervirán desde mañá luns ata o sábado en outros tantos puntos estratéxicos do noso rueiro para facer da vila un lugar non só máis fermoso senón tamén máis humano e habitable.

Nove creadores e nove propostas, case todas diferentes, aínda que varios dos acondicionamentos que o público poderá ver desenvolverse en vivo están moi próximos ao hiperrealismo, como outros se achegan á ilustración. En calquera caso, todos crearán as condicións para que en Carballo estoupe outro big bang de cor durante a última semana de maio e a primeira semana de xuño.

O luns 29 tamén comeza a primeira das dúas masters classes do programa deste ano, “Stencil aplicado ao mural” : Aprendizaxe da técnica do stencil”, que impartirá Andrea Michaelsson, alias BTOY, no Fórum Carballo

Mañá comeza tamén a primeira das dúas masters classes do programa deste ano, “Stencil aplicado ao mural” : Aprendizaxe da técnica do stencil”, que impartirá Andrea Michaelsson, alias BTOY,  no Fórum Carballo. No documento adxunto atoparedes toda a información sobre a primeira xornada do festival e saberedes quen e quen, e que vai facer cada un dos participantes, neste Rexenera Fest 2017.

A programación do Rexenera Fest 2017 complétase coas microconferencias do sábado 3 (tres, no canto das dúas do ano pasado), no Fórum, ás 17.30; co concerto do festival, tamén o sábado, ás 22.00, na Praza do Concello, e no que actuarán Igmig, Alto Asalto, 2 Pasos e Thomas Dylan; e coa ruta guiada por todos os murais desta edición e algún das edicións pasadas, o domingo, ás 17.00, saída desde o Fórum.

Descargas

Compartir: