Inicio Carballo ao día Hemeroteca Remata o período voluntario de...

Remata o período voluntario de recadación do imposto de vehículos e das taxas por vaos e recollida de lixo

Os contribuíntes poden realizar os pagos na Oficina Municipal de Recadación ata mañá mércores ás 18 horas

Martes 30 de maio do 2017 Carballo ao día

Mañá, 31 de maio, rematará o período voluntario de recadación do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), a taxa pola reserva de estacionamentos en vía pública para parada de buses, carga e descarga e vaos permanentes, e a taxa polo servizo de recollida de lixo, tanto comercial coma residencial. 

Segundo os padróns aprobados e expostos ao público, a taxa pola recollida domiciliaria de lixo acada un total de 1.087.750,40 euros, mentres que a comercial suma 301.836,05. Por reserva de estacionamentos o Concello de Carballo recadará un total de 98.568,68 euros, e polo imposto de vehículos, 1.204.041,65 euros.

Os contribuíntes que non teñan domiciliados os recibos deben realizar os pagos en efectivo na Oficina Municipal de Recadación, na rúa Camiño Novo, número 7 (entreplanta galerías comerciais), en horario de 09.00 a 13.30 e de 16.00 a 18.00. A partir do 31 de maio iniciarase o período executivo, que supón a aplicación dun recargo do 5% ata que se reciba a notificación da providencia de apremio, do 10% dende a recepción ata o fin do prazo voluntario en vía executiva e do 20% unha vez transcorrido dito prazo.

Compartir: