Inicio Carballo ao día Hemeroteca Comezou a campaña de roza dos máis...

Comezou a campaña de roza dos máis de 600 quilómetros de pistas asfaltadas do concello

A Concellaría de Obras e Servizos adianta a limpeza das cunetas un mes con respecto ao ano pasado, despois de acondicionar as vías forestais para previr os incendios

Venres 2 de xuño do 2017 Carballo ao día

A campaña adiántase un mes con respecto ao ano pasado

A campaña adiántase un mes con respecto ao ano pasado

Os dous tractores municipais están traballando xa na posta a punto dos máis de 600 quilómetros de pistas asfaltadas que temos no concello. Ata agora os traballos centráronse nas vías forestais, xa que a prevencións dos incendios forestais é unha prioridade para o Concello de Carballo, pero desde o 1 de xuño as máquinas circulan xa pola rede de comunicación entre poboacións e tamén no casco urbano. 

Os dous tractores están a traballar en dobre quenda para axilizar as tarefas, e a finais deste mes está prevista a incorporación doutras dúas máquinas, de maneira que nos tres meses que van dende xuño ata setembro quedará rozada toda a rede viaria municipal, tal como explicou o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas. A campaña anticípase un mes con respecto ao ano pasado, tratando de aproveitar a época de máis calor, na que a limpeza é más efectiva porque a maleza seca e as cunetas están limpas durante máis tempo.

Compartir: