Inicio Carballo ao día Hemeroteca Clausurado o curso mixto de comercio e...

Clausurado o curso mixto de comercio e hostalaría organizado pola Cámara de Comercio no Fórum Carballo

Vinte mozos e mozas inscritos/as no Ficheiro Nacional de Garantía Xuvenil recibiron unha formación básica co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade

Xoves 8 de xuño do 2017 Carballo ao día

Evencio Ferrero clausurou hoxe o curso organizado pola Cámara de Comercio, coa colaboración do Concello de Carballo, co obxectivo de mellorar a empregabilidade de vinte mozas e mozos menores de 30 anos, todos eles desempregados, inscritos no Ficheiro Nacional de Garantía Xuvenil e dados de alta no PICE (Plan Integral de Cualificación e Emprego) das cámaras de comercio. O alumnado, acompañado por todo o equipo docente, celebrou o remate da acción formativa coa entrega de diplomas por parte do alcalde e cunha degustación de doces elaborados por eles mesmos nas instalacións da Escola de Hostalaría.

A acción formativa, que se desenvolveu no Fórum Carballo, centrouse en tres áreas: técnicas de busca de emprego e 60 horas de formación específica tanto en comercio como en cociña. Evencio Ferrero felicitounos pola presentación dos doces elaborados para a clausura do curso e polos bos resultados obtidos, que agarda que lles axuden a cumprir os obxectivos do curso.

Compartir: