Inicio Carballo ao día Hemeroteca O 90% do alumnado da BDT aprobou as competencias...

O 90% do alumnado da BDT aprobou as competencias clave

O Concello de Carballo formou nos últimos cinco anos a un total de 309 persoas para optar aos certificados que acreditan a súa experiencia profesional

Domingo 11 de xuño do 2017 Carballo ao día

A formación impartiuse nas aulas do Fórum Carballo

A formación impartiuse nas aulas do Fórum Carballo

O alumnado dos cursos de competencias clave organizados pola Bolsa de Traballo (BDT) do Concello de Carballo acadou uns resultados excelentes nas probas de avaliación celebradas pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta o pasado 13 de maio en Silleda. As notas acaban de chegar, e a porcentaxe de aprobados é do 90%. Das 41 persoas que se presentaron só houbo catro que non conseguiron superar todas as materias (matemáticas, lingua castelá e linga galega), aínda que non houbo ningunha que as suspendera todas. Dende a BDT queremos felicitar aos alumnos e alumnas polo esforzo realizado e por estes bos resultados.

As competencias clave son imprescindibles para que as persoas que carecen de titulación poidan optar aos certificados que acreditan a súa experiencia laboral. Neste caso todos os aprobados poderán acceder ao certificado de nivel 2. 

O Concello de Carballo vén organizando cursos preparatorios nas últimas cinco convocatorias. Ao longo deste tempo formamos dende a BDT un total de 309 persoas. 

Compartir: