Inicio Carballo ao día Hemeroteca Verónica Santos achega ‘El Prado’ ao Pazo...

CULTURA

Verónica Santos achega ‘El Prado’ ao Pazo da Cultura

Xoves 27 de abril do 2006

Esta actividade, que está organizada pola Área de Educación do Museo Nacional do Prado, en colaboración coa Fundación Caixa Galicia, realízase coincidindo coa exposición El retrato español en el Prado. Del Greco a Goya, que se pode visitar en Santiago de Compostela ata o 14 de maio. A conferencia pretende achegar á exposición ao público asistente, facilitando o seu entendemento e animándoos a visitala, ademáis de proporcionarlles unha visión xeral sobre a historia do retrato até o século XVIII. A entrada á conferencia é libre.

Compartir: