Inicio Carballo ao día Hemeroteca Presentados 33 artigos ao II Premio a artigos...

LINGUA

Presentados 33 artigos ao II Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo

Mércores 3 de maio do 2006

O xurado está formado por Xosé Ramón Freixeiro Mato, sociolingüista e profesor do departamento de Galego-Portugués da Universidade da Coruña, Mercedes Queixas Zas, mestra e escritora e secretaria xeral da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, Olga Patiño Abeixón, gañadora da pasada edición do premio, dinamizadora sociolingüística e socia da Cooperativa Tagen Ata de Lingua e Comunicación, e Nel Vidal Barral, como secretario, en nome e representación do Concello de Carballo, con voz e sen voto. A entrega de premios terá lugar o día 18 de maio, nun acto público que se anunciará coa suficiente antelación. Os artigos gañadores serán publicados logo en todos os medios colaboradores co premio: A Nosa terra, A Peneira, Diario de Bergantiños, Galicia Hoxe, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Tempos Novos e Vieiros.

Compartir: