Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello asina co SERGAS unha prórroga...

SANIDADE

O Concello asina co SERGAS unha prórroga do convenio para o programa de tratamento de drogodependentes

Mércores 3 de maio do 2006

O rexedor local manifestou que "é importante que se sigan asinando este tipo de convenios e esperemos que no Pacto Local, a través da Comisión de Sanidade, o tratamento das drogodependencias pase de xeito estable e forme parte da Rede Pública de Saúde". Evencio Ferrero engadiu que "a sinatura deste convenio é un paso máis e segue facendo de Carballo un referente da Costa da Morte, dado o seu carácter comarcalizador". A conselleira de Sanidade asegurou que a atención ás drogodependencias é unha das prioridades da nova política social e de saúde. María José Rubio falou tamén, no acto, da importancia que terán o Plan de Saúde e o Plan de Galicia sobre Drogas 2006-2009. A principal novidade deste último será a posta en marcha do proceso de integración funcional e administrativa dos actuais servizos asistenciais de drogodependencias e alcoholismo na rede de saúde mental e drogodependencias, como centros especializados de tratamento de condutas aditivas. A conselleira tamén abordou outros aspectos da realidade sanitaria en Galicia, como a asistencia, incorporación social, formación e investigación.

Compartir: