Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello dispón de varias prazas para...

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA

O Concello dispón de varias prazas para participar nos campamentos deportivos e o campus de fútbol da Deputación da Coruña

Venres 5 de maio do 2006

O prazo de inscripción está aberto dende o 8 de maio até o 16 de xuño. O Concello realizará un sorteo diante do secretario, despois de rematar o prazo de inscrición, no caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas pola Deputación. Sería o día 22 de xuño de 2006, ás 13,30 horas, na Casa do Concello. As instancias solicitando tomar parte dos Campamentos deportivos 2006 dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Carballo, presentándose no Rexistro Xeral. É imprescindible que sexan veciños do Concello de Carballo. As actividades deportivas a practicar serán, de maneira preferente, golf -nun campo regulamentario de 9 furados-, actividades náuticas de vela lixeira e kaiaks nun contorno marítimo protexido, tenis pista con monitores titulados pola Federación Galega e voleipraia. Ademáis, contémplase a celebración das limpíadas da paz, xogos cooperativos, xogos de praia… Tamén se realizarán actividades relacionadas co medio natural, como unha visita ás Fragas do Eume e un roteiro marítimo pola ría da Coruña e Ferrol, e actividades culturais, como as visita á Casa das Ciencias, Acuarium Finisterrae, Castelo de San Antón ou Torre de Hércules. O material propio das actividades deportivas (ferros de golf, raquetas de tenis, pelotas, balóns e chalecos salvavidas) entregaráselle a cada participante durante a celebración do campamento. O equipo recomendado para participar do campamento consta de roupa interior, pixama, roupa de rúa (pantalón, camisas, camisetas...), equipamento deportivo (chándales, suadoiros, pantalóns curtos, camisetas deportivas, calcetíns, zapatillas de deportes, chancletas para a ducha, traxe de baño), toalla de baño, útiles de aseo (xabón, xampú, peite, cepillo e pasta de dentes, colonia e/ou desodorizante), cantimplora, gorra e gafas de sol, crema protectora (mínimo factor 15), chuvasqueiro e mochila.
Campus de fútbol
Tamén para rapaces/as de entre 9 e 13 anos, que naceron entre o 3 de xullo de 1992 e o 2 de xullo de 1997, a Deputación da Coruña oferta 5 prazas ao Concelllo de Carballo prazas para inscribirse nun campus de fútbol, a celebrar nas instalacións deportivas municipais de A Torre, en A Coruña. O aloxamento será no Conxunto Residencial Acea de Ama, en Culleredo, e celebrase do 2 ao 8 de xullo. A cota de inscripción é de 70 euros e inclúe estadía e manutención na residencia e todo o gasto que ocasionen as actividades programadas. Non está incluído o transporte de ida e volta dos rapaces/as desde os concellos á residencia.
O prazo de inscripción está aberto dende o 8 de maio até o 9 de xuño. O Concello realizará un sorteo diante do secretario, despois de rematar o prazo de inscrición, no caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas pola Deputación. Sería o día 15 de xuño de 2006, ás 13,30 horas, na Casa do Concello. As instancias solicitando tomar parte do Campus de fútbol 2006 dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Carballo, presentándose no Rexistro Xeral. É imprescindible que sexan veciños do Concello de Carballo. As actividades a desenvolver no Campus serán, entre outras, actividades de adestramento tendentes a mellorar a técnica individual e colectiva dos xogadores, iniciación nos principios tácticos básicos, adestramento específico dos porteiros, partidos de competición entre os participantes (os equipos estarán compostos por xogadores de diferentes concellos e nivel físico-técnico equilibrado), e outras actividades deportivas como natación ou baloncesto. Ademáis, inclúense visitas culturais ao Acuarium Finisterrae, Casa das Ciencias, Domus, Torre de Hércules ou Castelo de San Antón e temática relacionada coa educación e os valores deportivos e olímpicos. O material recomendado, para o campus de fútbol, consta de un par de botas de fútbol con tacos de goma ou multitacos de 1 cm. (non se admitirán as botas de tacos de aluminio nin de tacos de plástico de rosca), unha prenda de abrigo (anorak ou chuvasqueiro), chándales, camisetas de deporte, pantalóns de deporte, pares de medias ou calcetíns de deporte e suadoiros, equipamento para porteiros: pantalón longo, guantes e suadoiro, traxe de baño, gafas e gorro de natación, chancletas e toalla de baño, pantalón, roupa interior, camisa, xersei, par de calcetíns, par de zapatillas de deporte, par de zapatos ou zapatillas de rúa e pixama, útiles de aseo (xabón, xampú, peite, cepillo e pasta de dentes e colonia e/ou desodorizante), cantimplora, gorra, gafas para o sol e crema protectora (mínimo factor 15).

Compartir: