Inicio Carballo ao día Hemeroteca O programa das Letras 2006 inclúe varias...

CULTURA

O programa das Letras 2006 inclúe varias actvidades para esta fin de semana

Xoves 11 de maio do 2006

No tocante á programación desta fin de semana, a Biblioteca Infantil e Ludoteca Municipal acolle un obradoiro de animación á lectura para nenos/as o venres día 12 de maio, a partir das 18,00 horas. O sábado 13 de maio continúa a programación cunha ruta polas parroquias costeiras de Carballo, logo da presentación, o pasado día 4, do caderno Andando por Bergantiños nº 9, do Instituto de Estudios Bergantiñáns. A saída da ruta terá lugar ás 09,00 horas da Praza do Concello e a inscrición e venda de bonos pódese realizar na Librería Brañas. O mesmo sábado terá lugar a representación teatral, a cargo do Teatro do Morcego, de A farsa de Bululú. A obra, dirixida por Celso Parada, está interpretada por Miguel Varela, Maxo Barjas, Paco Campos, Santiago Cortegoso, Marian Bañobre, Francisco Paredes, Mundo Villalustres, Carmela Bueno, Olivia Maté, Anxeles Marín e Leticia Alfaia. A Farsa de Bululú rematouna de escribir Manuel María en 1970 e é unha sátira política escrita en clave por mor da censura, que fai referencia á situación política dos anos anteriores do franquismo. A obra terá lugar no Pazo da Cultura, a partir das 21,00 horas, e o prezo da entrada é de 2,5 euros. A mesma obra representarase o luns, 15 de maio, para os alumnos de 1º, 2º e 3º de ESO.

Compartir: