Inicio Carballo ao día Hemeroteca A nova Escola Infantil Municipal estará...

EDUCACIÓN

A nova Escola Infantil Municipal estará rematada en 2007

Venres 12 de maio do 2006

Os criterios que seguiron os membros do xurado responderon á funcionalidade, resolución do contorno, calidade estética e un estudio realista de construcción e solucións técnicas. As aulas do proxecto gañador son círculos transparentes de policarbonato e destaca a súa orixinalidade. O arquitecto municipal destacou "a grande calidade de todos os proxectos finalistas". O seguinte paso no proceso será a convocatoria da mesa de contratación e a adxudicación e redacción do proxecto na Xunta de Goberno Local. Unha vez redactado o proxecto e ser visado pola Oficina Técnica e aprobado pola Xunta de Goberno Local, remitiríase o mesmo á Vicepresidencia da Xunta de Galicia para incluilo en Galescola e comezar as obras en 2006, para telas rematadas en 2007.

Compartir: