Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo traballa no...

O Concello de Carballo traballa no acondicionamento das canles fluviais para evitar enchentes

Os traballos desenvolvéronse nos últimos días no río Anllóns, e tamén está previsto actuar no Rego da Balsa

Sábado 13 de xaneiro do 2018 Carballo ao día

O Concello de Carballo está a traballar no acondicionamento das canles fluviais para evitar enchentes. Os labores consisten no movemento dos lodos acumulados en zonas concretas, como o San Martiño, a rúa Río ou a parte posterior da estación de autobuses, aínda que tamén está previsto actuar no Rego da Balsa, tal como explica o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, co obxectivo de anticiparse aos posibles rebordamentos.

Os traballos no leito do río lévanse a cabo nesta época aproveitando que a canle vai chea e co obxectivo de non causar danos á flora nin a fauna, tal como se acordou cos técnicos de Medio Ambiente. Como consecuencia das tarefas que se estiveron a realizar o venres de 15 a 19 horas e o sábado pola mañá, podería detectarse certa presenza dos lodos de orixe natural río abaixo.

Compartir: