Inicio Carballo ao día Hemeroteca Comezan os preparativos para a próxima...

Comezan os preparativos para a próxima edición de Carballo por Etapas

Na primeira xuntanza, que se celebrou hoxe martes no Museo de Bergantiños, participou un bo número de empresarios/as da hostalaría

Martes 6 de marzo do 2018 Carballo ao día

A reunión celebrouse hoxe no Museo de Bergantiños

A reunión celebrouse hoxe no Museo de Bergantiños

Xa está máis preto a próxima edición de Carballo por Etapas, aínda que tanto as datas como o formato da sexta edición se definirán en próximas xuntanzas co sector. Hoxe celebrouse a primeira, convocada desde a Concellaría de Promoción Económica, que un ano máis asume a organización da ruta de tapas coa colaboración de Axober. Neste encontro, que tivo lugar no Museo de Bergantiños, participou un bo número de empresarios/as da hostalaría, o que demostra o interese que esperta a iniciativa non só entre o público, senón tamén entre o propio sector.

Os/as hostaleiros/as participantes realizaron numerosas propostas e ideas co obxectivo de mellorar o éxito dos anos anteriores. Todas esas iniciativas serán valoradas en vindeiras xuntanzas.

Compartir: