Inicio Carballo ao día Hemeroteca Inscritas 250 persoas para participar nas...

INDUSTRIA

Inscritas 250 persoas para participar nas Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético

Mércores 24 de maio do 2006

Ademáis das 18 ponencias programadas, as xornadas contan con dúas exposicións. O Instituto Enerxético de Galicia -INEGA- aporta a mostra A través das Enerxías, que poderá contemplarse no segundo piso do multiusos carballés. Ademáus, a exposición Enerxías Renovables reunirá nunha carpa exterior os productos de quince empresas do sector enerxético. As xornadas comezarán ás 16,30 horas do xoves, coa recepción dos asistentes e a entrega do material. Ás 17,00 horas terá lugar o acto de inauguración oficial, que precederá ás primeiras ponencias de Manuel Caride González, enxeñeiro técnico industrial e técnico da Dirección Xeral de Industria e a Subdirección Xeral de Enerxía da Xunta, e Nicolás Vázquez Iglesias, enxeñeiro industrial que trabaja en el área de renovables do INEGA. Pódese consultar toda a programación das xornadas na páxina de Axober.

Compartir: