Inicio Carballo ao día Hemeroteca Remata o prazo de inscrición para os...

LINGUA

Remata o prazo de inscrición para os cursos de iniciación á lingua galega e galego oral

Xoves 25 de maio do 2006

Ambos cursos, iniciación e galego oral, comezarán o luns 5 de xuño e rematan o xoves 3 de agosto. O de galego oral terá un horario de 12,00 horas a 14,00 horas, mentres que o de iniciación será de 19,00 horas a 21,00 horas. Até o 25 de agosto seguirá aberto o prazo de inscrición para o Curso de perfeccionamento da lingua galega, que comezará o 4 de setembro e rematará o 25 de outubro. A inscrición para todos os cursos é totalmente gratuita. Para os de iniciación e galego oral o único requisito é ter cumpridos os 18 anos e cómpre entregar, ademáis do modelo de solicitude, unha copia do documento de identidade. Para poder asistir ao de perfeccionamento debe terse feito ou validado o curso de iniciación. Todos estes cursos están organizados polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Compartir: