Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicadas por 77.984,50 euros as obras de...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicadas por 77.984,50 euros as obras de reparación de 27 rúas e dúas rotondas no casco urbano

Construcciones Vázquez y Reino executará as “Melloras urxentes nas redes de abastecemento e saneamento” cun orzamento de 134.068 euros

Luns 26 de marzo do 2018 Carballo ao día

Rúa Brasil

Rúa Brasil

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a adxudicación á empresa Construcciones López Cao, por un importe de 77.984,50 euros, das obras de reparación de vías no casco urbano. O obxectivo, como se explica no proxecto técnico, é realizar un labor de mantemento correctivo nunha superficie total de 7.731,50 metros total correspondente a 27 rúas e 2 rotondas: Antón Fraguas, Pintor Colmeiro, Avenida de Bergantiños, Brasil, Carballo Calero, Cuba, Ecuador, Eduardo Pondal, Gran Vía, Julio Galán, Río Lérez, Río Eo, Río Miño, Río Tambre, San Xoán Bautista, San Martiño, Santa Eufemia, Perú, Uruguai, Vicente Risco, Vila de Caión, Vila de Negreira, Vila de Noia, Andrés Gaos, Bolivia, Escultor Asorey e Muíño da Pintura, e o perímetro das glorietas das rúas Sol e Perú.

As rúas divídense en tres bloques en función do tipo de actuación precisa. No 67% da superficie será necesario realizar un fresado ata unha profundidade determinada para despois proceder á reposición da capa de rodaxe. En Antón Fraguas e Pintor Colmeiro realizarase un dobre rego asfáltico, e na Avenida de Bergantiños aplicarase unha lechada bituminosa tanto na zona de rodaxe como na de aparcamento. O prazo máximo de execución será de tres meses, e a vida útil das reparacións, segundo indican os técnicos, será moi superior a cinco anos.

Melloras urxentes nas redes de abastecemento e saneamento

Vila de Negreira

Vila de Negreira

As rúas divídense en tres bloques en función do tipo de actuación precisa. No 67% da superficie será necesario realizar un fresado ata unha profundidade determinada para despois proceder á reposición da capa de rodaxe. En Antón Fraguas e Pintor Colmeiro realizarase un dobre rego asfáltico, e na Avenida de Bergantiños aplicarase unha lechada bituminosa tanto na zona de rodaxe como na de aparcamento. O prazo máximo de execución será de tres meses, e a vida útil das reparacións, segundo indican os técnicos, será moi superior a cinco anos.

O obxectivo deste proxecto é acometer distintas actuacións de pouca envergadura pero que, sen embargo, teñen unha repercusión importante na calidade do servizo para un importante número de usuarios e axudarán a paliar roturas como as que se produciron hai unhas semanas nas canalizacións de fibrocemento.

Deste xeito, por exemplo, na zona do Igrexario actuarase nas rúas Río Mandeo, Concordia, Río Tambre e Río Ulla, en todos os casos para realizar as conexións que permitan pechar a malla. Así, ademais de mellorar as presións ou ampliar a rede de abastecemento, minimizaranse os efectos en caso de avaría.

Tamén está previsto pechar a malla na zona da avenida dos Abetos para facilitar a renovación das augas en todo ese ámbito de vivendas unifamiliares, mellorar as presións e dar continuidade á rede. Outra das melloras urxentes é a substitución das canalizacións do polígono de Bértoa nun tramo de 330 metros a partir do depósito elevado, xa que está en malas condicións e son frecuentes as avarías. O reforzo da presión en Xoane e a substitución de válvulas inoperativas en varias rúas de Carballo son outras actuacións proxectadas. Dentro do casco urbano tamén se acometerá a renovación da rede nun treito da rúa Vila de Corcubión.

A única obra de saneamento consistirá na construción dun novo colector na rúa Vila de Negreira, cunha lonxitude duns 150 metros, para solucionar un problema de atascos e vertidos provocados polo mal estado da rede e agravado pola existencia dun treito de canalización a contrapendente.

Outros acordos

Á parte destas dúas cuestións, na Xunta de Goberno Local aprobáronse devolucións de avais, autorizacións de vaos, dúas reclamacións por danos en mobiliario público, cinco licenzas urbanísticas, o proxecto de execución dunha edificación de tres naves industriais acaroadas no parque empresarial de Bértoa e, fóra da orde do día, a programación do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que se celebrará do 4 ao 7 de abril.

Compartir: