Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta investirá 35 millóns de...

CONVENIO

A Xunta investirá 35 millóns de euros na ampliación do polígono industrial de Bértoa

Xoves 25 de maio do 2006

A conselleira anunciou a inclusión do parque empresarial de Carballo no programa Galicia Suma, que promove en colaboración con Innovación e Industria, ao entender que se trata dun parque estratéxico para a zona. A Xunta ven de incluir nos orzamentos deste ano unha partida de 460.000 euros para realizar todos os estudios e o proxecto de urbanización dos 533.000 metros cadrados de solo industrial comprometidos na sinatura do convenio. Teresa Táboas, na súa primeira visita institucional ao Concello de Carballo, asinou no Libro de Honor e recibiu un grabado de Manuel Facal. A conselleira nacionalista recalcou que o seu departamento velará para que o proxecto de urbanización do parque empresarial "contribúa a súa adecuada integración no territorio", tendo en conta que se trata "dunha superficie nada menos que de 1,3 millóns de metros cadrados que albergará arredor de 5 millóns de metros cúbicos en naves empresariais". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, mostrouse convencido de que o novo polígono "creará emprego e riqueza. Carballo está chamado a ser o eixo industrial de toda esta zona da provincia".

Compartir: