Inicio Carballo ao día Hemeroteca Remata o Programa das Letras con diferentes...

CULTURA

Remata o Programa das Letras con diferentes actividades

Venres 26 de maio do 2006

O festival terá lugar no Local Social de Berdillo, a partir das 18,00 horas, e participan do mesmo a Asociación San Lorenzo de Agualada e a Asocaición Cultural San Cristovo de Carballo.

Xoves intérpretes

Como en anos anteriores, e coincidindo co fin de curso, os alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Carballo ofrecerán unha serie de concertos nos que amosarán o traballo que foron realizando ao longo deste curso académico. Os concertos celebraranse o mércores, 31 de maio, o venres, 2 de xuño e o venres, 9 de xuño. Todos eles terán lugar no Pazo da Cultura ás 20,00 horas e a entrada é libre.

Compartir: