Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicadas as obras de rede de saneamento en...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicadas as obras de rede de saneamento en tres parroquias de Carballo

Luns 29 de maio do 2006

Ademáis, a Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación de catro subvencións. Unha de 18.000 euros á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, en virtude da organización do Servizo de Salvamento e Socorrismo nas praias de Razo, Baldaio e Arnela, da regulación de aparcamentos nas zonas de praias, mantemento e preparación dos socorristas e organización das probas selectivas por parte do club SYSCA. Aprobose tamén unha subvención global de 8.000 euros para as Asociacións de Pais e Nais de Alumnos das Escolas, Colexios e Institutos de Carballo, dividida en 12 subvencións para outras tantas asociacións. Aduxudicouse tamén unha subvención total de 4920 euros para 12 asociacións ou colectivos que organizan Cabalgatas de Reis, ademáis doutra de 5750 euros para viaxes escolares de 15 centros educativos da localidade. A Xunta de Goberno Local aprobou tamén un convenio entre o Concello de Carballo e o Centro Social e Cultural Bergantiños de Montevideo, co fin de apoiar a programación do centro na capital de uruguai. Preténdese deste xeito colaborar na procura de manter desde o Concello un compromiso coa mellora dos programas da entidade tendentes a reforzar a presenza e participación de Carballo e Bergantiños para contribuir na consolidación de estructuras sólidas na colectividade do exterior. A Xunta de Goberno Local aprobou, ademáis, catro licenzas de obra e sete de obra e apertura.

Compartir: