Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo ofrece 25 prazas de...

O Concello de Carballo ofrece 25 prazas de autobús para acudir ás probas de avaliación en competencias clave do día 12

Un total de 40 persoas participan este ano nos cursos preparatorios organizados pola Bolsa de Traballo

Luns 7 de maio do 2018 Carballo ao día

O alumnado deste ano está repartido en quendas de mañá e tarde

O alumnado deste ano está repartido en quendas de mañá e tarde

A Bolsa de Traballo (BDT) do Concello de Carballo rematará o venres 11 a formación en competencias clave de 40 persoas que aspiran a conseguir o certificado de profesionalidade de nivel 2 nas probas que se celebrarán o sábado 12 en Silleda. O Concello pon un autobús a disposición dos/as participantes na acción formativa, e ofrece as prazas restantes ás persoas que se prepararon por outros medios e que tamén se vaian presentar aos exames. As/os interesadas/os deben chamar ao número de teléfono 981 709 011. Unha vez realizada a inscrición do alumnado quedan 25 prazas dispoñibles, que se cubrirán por orde de reserva.

A saída do autobús terá lugar o sábado ás 7 horas dende o Fórum Carballo, e o regreso realizarase ao remate das probas de nivel 2.

O Concello de Carballo leva formado nos últimos cinco anos a algo máis de 300 persoas para que poidan presentarse nas mellores condicións ás probas de avaliación en competencias clave convocadas pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta de Galicia. Deste xeito, as persoas, tanto ocupadas como desempregadas, que carecen da titulación esixida poden optar aos certificados que acreditan a súa experiencia profesional.

Ligazóns

Compartir: