Inicio Carballo ao día Hemeroteca O alcalde de Carballo realiza a súa...

VISITA INSTITUCIONAL

O alcalde de Carballo realiza a súa primeira viaxe a Uruguai

Xoves 1 de xuño do 2006

O domingo, o alcalde participará nunha xornada de convivencia no Centro Bergantiños e a xornada do luns a pasará íntegramente en Punta del Este, onde mantenrá unha reunión co intendente municipal de Maldonado e visitará as instalacións deportivas. O martes será un dós días máis importantes da visita, que inclúe entre outros un encontro co Ministro de Asuntos Exteriores da República Oriental de Uruguai e a recepción oficial do Intendente Municipal de Montevideo. No resto da visita, o alcalde de Carballo manterá reunións con carballeses e co primeiro senador dla República, Eleuterio Fernández. Tamén mantenrá un encontro coa prensa e intervirá no programa de radio Sempre en Galiza.

Compartir: