Inicio Carballo ao día Hemeroteca Rapaces do Concello participan da Fase...

DEPORTE

Rapaces do Concello participan da Fase Intercomarcal de Deporte en Idade Escolar

Venres 2 de xuño do 2006

Na disciplina de voleibol mixto, a disputar no Pavillón Monte das Moas, o CEIP Bergantiños enfróntase ao CV Aldebarán ás 10,30 horas. A final e o terceiro e cuarto posto disputaranse no mesmo escenario a partir das 12,15 horas.. En fútbol sala, o O Concello de Ponteceso e o CEIP Bergantiños disputan unha semifinal a partir das 10,00 horas no Pavillón Elviña 2. Ás 12,15 horas dispútanse no mesmo lugar a final e o partido polo terceiro e cuarto posto. Finalmente, na disciplina de baloncesto, o Colexio Artai enfróntase no Pavillón da Sardiñeira ao Colexio Santa María del Mar, a partir das 10,30 horas. A final e o partido do tercerio e cuarto clasificado comezarán ás 12,30 horas.

Compartir: