Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo será sede do primeiro simposio...

CONGRESO

Carballo será sede do primeiro simposio internacional de megalistismo na Costa da Morte

Venres 2 de xuño do 2006

Todas as conferencias e mesas redondas celebraranse no Pazo da Cultura. Ademáis, a organización ofrecerá outras actividades como unha excursión que seguirá a rota realizada polos arqueólogos Georg e Vera Leisner, visitando os principais monumentos megalíticos da Costa da Morte, como Dombate, Pedra Cuberta, Casa dos Mouros, Pedra Moura de Carnio, Arca da Piosa, a Mina de Parxubeira e a Casota de Freán. As conferencias a desenvolver durante os tres días serán impartidas por Germán Delibes, Charles-Tanguy Le Roux, Francisco Javier Fernández, José Antonio Mujika, Miguel de Blas, Ramón fábregas, José María Eguileta, María Goreti, Antón Rodríguez Casal, Benita Silva e Fernando Carrera. Na mesa redonda da última xornada tomarán parte Raquel Casal, Felipe Arias, Rubén Lois e Felipe Senén No acto de presentación, o profesor titular de Prehistoria da Universidade de Santiago de Compostela, Antón Rodríguez Casal, destacou que "se trata dun programa ben artellado e froito da conxunción, no que intervirá xente de recoñecido prestixio". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, destacou que "é un programa tremendamente ambicioso desde o punto de vista académico pero tamén moi atractivop para a xente que lle temos sensibilidade á Costa da Morte. O simposio pode servir para que Carballo renaza como espazo de encontro de grandes especialistas. Espero que a xente non interprete o simposio como algo dirixido a especialistas, senon que participe moita xente que desexe descubrir os moitos atractivos que, neste ámbito, ten a Costa da Morte".

Compartir: