Inicio Carballo ao día Hemeroteca Despois da semana grande de San Xoán...

NA RÚA SOL EMPEZARÁN O LUNS

Despois da semana grande de San Xoán volven as obras en distintos puntos do casco urbano

O asfaltado de rúas, a reurbanización da contorna do CEIP Xesús San Luís Romero e a skate-praza xa están en marcha

Xoves 28 de xuño do 2018 Carballo ao día

Movemento de terras para a skate-praza

Movemento de terras para a skate-praza

Nada máis rematar a semana grande de San Xoán volven as obras ao casco urbano. No que queda de ano vanse desenvolver novos proxectos en todo o territorio municipal, moitos deles aproveitando os meses de verán. Deste xeito, ao mesmo tempo que continúa coa eliminación de barreiras arquitectónicas nos camiños escolares dos colexios Fogar e Bergantiños _o alcalde, Evencio Ferrero, anunciou xa a intención do goberno municipal de estender o proxecto ás principais rutas de acceso aos colexios A Cristina e Xesús San Luís Romero_ a empresa Construcciones López Cao empezou tamén co movemento de terras previo á construción da skate-praza xunto á Biblioteca Rego da Balsa, un novo equipamento especialmente orientado á xente nova pero deseñado de xeito que poderá ser utilizado por toda a familia como espazo de ocio e lecer.

Na rúa Saturnino Cuíña tamén empezaron as obras

Na rúa Saturnino Cuíña tamén empezaron as obras

A mesma empresa está a traballar tamén na rúa Saturnino Cuíña, que forma parte da segunda fase do proxecto de reurbanización da contorna do CEIP Xesús San Luís Romero, que tamén afecta á rúa Cemiterio Vello. O obxectivo da actuación, que completará o perímetro do centro educativo, é a renovación e/ou instalación dos servizos urbanísticos e a mellora da accesibilidade, tanto peonil coma rodada ao colexio, buscando a maior seguridade dos nenos e nenas.

Os asfaltados empezaron pola rúa Vila de Noia

Os asfaltados empezaron pola rúa Vila de Noia

Hoxe tamén comezou na rúa Vila de Noia o proxecto de mantemento correctivo de 27 rúas e dúas rotondas: Antón Fraguas, Pintor Colmeiro, Avenida de Bergantiños, Brasil, Carballo Calero, Cuba, Ecuador, Eduardo Pondal, Gran Vía, Julio Galán, Río Lérez, Río Eo, Río Miño, Río Tambre, San Xoán Bautista, San Martiño, Santa Eufemia, Perú, Uruguai, Vicente Risco, Vila de Caión, Vila de Negreira, Vila de Noia, Andrés Gaos, Bolivia, Escultor Asorey e Muíño da Pintura, e o perímetro das glorietas das rúas Perú e Sol.

Precisamente na rúa Sol tamén comezarán o vindeiro luns as obras de reurbanización, que executará a empresa Construcciones Ramón Vázquez y Reino. Nos vindeiros meses tamén estarán en obras as rúas Río, Laracha, a contorna do CEIP A Cristina, o Parque do Anllóns, varias rúas na zona de Pedra Furada.

Compartir: