Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os “bolardos” que regulan o acceso de...

Os “bolardos” que regulan o acceso de vehículos á rúa Desiderio Varela empezan a funcionar cun semáforo

Do 15 de xuño ao 15 de setembro a vía está aberta á circulación rodada de luns a mércores e os venres de 07.00 a 11.00 horas, mentres que os xoves e os domingos de feira é de acceso libre durante toda a ma&

Martes 24 de xullo do 2018 Carballo ao día

A concelleira de Mobilidade e o xefe en funcións da Policía Local

A concelleira de Mobilidade e o xefe en funcións da Policía Local

Hoxe quedou instalado na rúa Desiderio Varela un semáforo que regulará a partir de agora o acceso dos vehículos das persoas residentes. A concelleira de Planificación e Mobilidade Urbana, Milagros Lantes, acompañada polo xefe en funcións da Policía Local, asistiu pola mañá ás explicacións do técnico sobre o funcionamento deste novo sistema, que vén reforzar a seguridade despois de que se teñan producido varios incidentes.

Deste xeito, o semáforo permanecerá en vermello ata que os/as condutores/as accionen o mando. Nese momento cambiará a ámbar e os bolardos empezarán a descender pasados dous segundos para que o vehículo poida pasar. En canto os sensores deixen de detectar a presenza do vehículo, o semáforo volverá a poñerse en vermello e transcorridos dous segundos os bolardos empezarán a elevarse de novo.

Nos momentos nos que a rúa é de acceso libre, o semáforo permanecerá en ámbar intermitente. Durante a temporada estival, do 15 de xuño ao 15 de setembro, a Desiderio Varela está aberta ao tráfico de 07.00 a 11.00 horas, de luns a mércores e os venres. Os xoves, ao igual que os domingos de feira, o horario de apertura esténdese a toda a mañá, ao igual que na Colón. Os sábados, domingos de peche e festivos a rúa está pechada á circulación. Os/as únicos/as que teñen o acceso garantido durante as 24 horas e todos os días do ano son os/as residentes con prazas de garaxe, como tamén ocorre nas rúas Colón e Jacinto Amigo Lera.

Compartir: