Inicio Carballo ao día Hemeroteca As obras de mellora da rede viaria urbana...

As obras de mellora da rede viaria urbana afectarán durante a xornada de mañá á rúa Vila de Noia e a un treito da Gran Vía

Os traballos desenvolvéronse durante a xornada de hoxe na Avenida de Bergantiños

Luns 30 de xullo do 2018 Carballo ao día

As obras desenvólvense hoxe na Avenida de Bergantiños

As obras desenvólvense hoxe na Avenida de Bergantiños

A empresa Construcciones López Cao acomete hoxe as obras de reparación da Avenida de Bergantiños, que se desenvolven en dous treitos coa intención de causar as mínimas molestias posibles ao tráfico. 

Os traballos, incluídos no proxecto de mellora de 27 vías urbanas e 2 rotondas que está a acometer o Concello de Carballo cun orzamento de 77.984,50 euros, continuarán mañá martes na rúa Vila de Noia, que permanecerá pechada á circulación na súa totalidade, e ao treito da Gran Vía comprendido entre Cervantes e Rosalía de Castro.

Segundo informou a Policía Local, o corte realizarase a partir 08.00 horas. Os desvíos estarán convenientemente sinalizados e haberá presenza policial na zona, ademais de atención telefónica constante ante calquera incidencia nos teléfonos 981 701 722 e 092.  

Desde a Concellaría de Obras e Servizos agradecemos a vosa colaboración e pregamos que desculpedes as molestias.

Compartir: