Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo inicia a...

O Concello de Carballo inicia a contratación de obras do Plan Único POS+ 2018 por un importe próximo aos 800.000 euros

A Xunta de Goberno Local adxudicou hoxe por 145.737,23 euros a reurbanización de rúas na zona de Pedra Furada, incluída no POS+ Adicional 2017

Luns 30 de xullo do 2018 Carballo ao día

A eliminación de cables na contorna da igrexa de Rus é unha das obras en contratación

A eliminación de cables na contorna da igrexa de Rus é unha das obras en contratación

Coincidindo coa publicación na Plataforma de Contratos do Estado dos anuncios de licitación de seis obras incluídas no Plan Único POS + 2018, a Xunta de Goberno Local adxudicou o proxecto de reurbanización de dúas rúas na zona de Pedra Furada á empresa Lancer Obras y Proyectos S.A. por importe de 145.737,23 euros. As obras, que teñen un prazo de execución de cinco semanas, permitirán acondicionar as rúas situadas entre Alcalde Peinador e Alcalde Bolón, por unha banda, e entre Alcalde Bolón e Alcalde Monteagudo, por outra. Son vías nas que practicamente non existe ningún servizo e mesmo están sen pavimentar.

A este investimento hai que engadir os 796.160,18 euros que suman os seis proxectos do POS+ 2018 que están xa en fase de contratación. Os anuncios foron publicados hoxe na Plataforma de Contratos do Estado, e as empresas interesadas dispoñen de prazo ata o 22 de agosto para presentar as súas ofertas.

As obras son as seguintes:

  • Conservación e rehabilitación do Museo de Bergantiños e Biblioteca Municipal: 190.000 euros.
  • Soterramento de liñas aéreas na contorna do Igrexario de Rus: 36.811 euros.
  • Mellora da capa de rodadura na vía municipal do Igrexario de Lema ata A Vixía: 199.948 euros.
  • Mellora da capa de rodadura na vía municipal desde o lugar da Ponte (Bértoa) ata O Moucho (Berdillo): 178.789,05 euros.
  • Mellora da capa de rodadura na vía municipal desde Bolón á Gándara (Sofán): 85.852,35 euros.
  • Mellora da capa de rodadura na vía municipal desde o lugar de Mirón (Bértoa) ata a estrada DP-1902 Carballo-Razo: 104.760,13 euros.

Compartir: