Inicio Carballo ao día Hemeroteca O ‘Xogar na Rúa’ despide o ano de Deporte...

DEPORTE

O ‘Xogar na Rúa’ despide o ano de Deporte na Escola

Xoves 8 de xuño do 2006

O Xogar na Rúa inclúe 18 zonas de xogos, para participar das disciplinas de badminton, indiaca, xogos polideportivos, balonmán, voleibol, xogos para peques, ciclismo, fútbol sala, mini basket, xadrez, toro mecánico, rocódromo, taller de chaveiros, pista americana, xogos autóctonos, hockey e patinaxe. Durante o curso escolar, participaron un total de 807 alumnos no Programa de Deporte Escolar, que se unen aos 699 do programa de Natación Escolar. No acto de presentación, o director da oficina de Caixanova en Carballo (un dos patrocinadores), José Ulfe, salientou "a importancia do fomento do deporte escolar, que ademáis contará cunha participación espectacular. É un auténtico placer poder colaborar dunha actividade así, tan importante para os nosos fillos". A concelleira de Ensino, Belén Lendoiro, engadiu que "co Xogar na Rúa tratamos de fomentar os valores de ocio diferente, convivencia e práctica deportiva".

Compartir: