Inicio Carballo ao día Hemeroteca As obras de mellora da rede viaria urbana quedan...

As obras de mellora da rede viaria urbana quedan interrompidas ata mediados de mes

Os traballos céntranse hoxe nas rúas Alfredo Brañas, Cervantes e Túnel

Venres 3 de agosto do 2018 Carballo ao día

Traballos na rúa Cervantes

Traballos na rúa Cervantes

As obras de mellora da rede viaria urbana que se veñen executando nos últimos días quedan interrompidas ata mediados de mes. Hoxe o persoal da empresa Construcciones López Cao empezou a xornada na rúa Alfredo Brañas, para rematar o traballo iniciado onte, e continúa por Cervantes e Túnel.

Na semana do 15 volverán as máquinas e os operarios ás rúas carballesas. Segundo a planificación da empresa, os traballos comezarán polo cruce de Gran Vía con Vila de Corcubión, onde non puideron traballar estes días por coincidir coa renovación do abastecemento de auga nesa zona, e continuarán polas rúas Santa Ana, Perú, Ponte da Pedra, Luis Calvo e Pan.

O proxecto, que continuará ao longo do verán, inclúe actuacións en preto de 30 rúas de todo o casco urbano. En total pavimentaranse máis de 7.700 metros de vías, con distintos tratamentos en función da situación do firme.

Desde a Concellaría de Obras e Servizos agradecemos a vosa colaboración e pregamos unha vez máis que desculpedes as molestias.

Compartir: