Inicio Carballo ao día Hemeroteca Rematadas as obras de mellora de camiños...

Rematadas as obras de mellora de camiños de uso agrícola en cinco parroquias

A empresa Construcciones Vázquez y Reino executou as obras, que supuxeron un investimento de 65.098 euros procedentes dos fondos Agader

Mércores 22 de agosto do 2018 Carballo ao día

Belén Lendoiro e Luis Lamas visitaron hoxe algúns dos camiños

Belén Lendoiro e Luis Lamas visitaron hoxe algúns dos camiños

Xa están rematadas as obras de mellora de varios camiños de uso agrícola en cinco parroquias. Os traballos, executados no último mes pola empresa Construcciones Ramón Vázquez y Reino, foron incluídos proxecto de Mellora de camiños municipais 2017-2018, financiado con 65.098 euros procedentes dos fondos Agader, e destinado en exclusiva a vías de acceso a terras agrícolas en produción. Hoxe a alcaldesa en funcións, Belén Lendoiro, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, visitaron algúns deles.

En todos os casos trátase de camiños de terra que soportan unha alta taxa de tráfico de vehículos agrícolas e que precisaban unha actuación que garanta a seguridade e a normal circulación. A actuación consistiu, en función das necesidades de cada un, na limpeza, roza, explanación, apertura de cunetas, construción de gabias e pavimentación con zahorra ou rego asfáltico.

As obras realizadas foron as seguintes:

  • Camiño A Braña-Alborín (Rus): 648 metros de lonxitude e 4 metros de ancho.
  • Camiños do entorno do Freixal (Sofán): trátase de 3 camiños de 365, 95 e 285 metros de lonxitude e unha anchura de 3,5 a 5 metros, que integran o circuíto de tránsito de maquinaria agrícola e forestal que traballa nas fincas lindantes.
  • Camiño Cabanas-Os Petóns (Goiáns e Oza): 765 metros de lonxitude e 4 metros de ancho.
  • Camiño do Monte das Cadiñas (Oza): 350 metros de lonxitude e 4,5 de ancho.
  • Camiño en As Telleiras (Goiáns): 526 metros de lonxitude e 4 de ancho.
  • Camiño Cances-A Granxa (Cances): 655 metros de lonxitude e 5 de ancho.

Compartir: