Inicio Carballo ao día Hemeroteca Público madrugador en Berocasión,...

Público madrugador en Berocasión, que nesta edición abriu as súas portas un día antes do habitual

Máis de 400 vehículos están á venda na exposición que permanecerá aberta durante toda a fin de semana na zona do Rego da Balsa

Venres 24 de agosto do 2018 Carballo ao día

Máis de 400 vehículos integran este ano a exposición de Berocasión

Máis de 400 vehículos integran este ano a exposición de Berocasión

O público empezou a chegar a Berocasión antes da apertura oficial da feira, porque xa desde pola mañá houbo expectación arredor dos máis de 400 vehículos que están expostos na contorna do Rego da Balsa. A feira do vehículo de ocasión de Carballo abriu as súas portas oficialmente ás 16.00 horas, un día antes do habitual e con moita calor. As altas temperaturas están a ser as principais protagonistas destas primeiras horas da tarde, nas que está a producirse un goteo constante de visitantes.

Pero a maior afluencia agárdase para mañá e, sobre todo, o domingo, coincidindo coa feira quincenal de Carballo. A oferta, desde logo, é apetecible, porque Berocasión bate récords nesta 13ª edición coa participación de 13 concesionarios e negocios de compra-venda, un total de 420 vehículos e a ampliación do horario á que aludiamos. Durante a fin de semana a feira estará aberta de 10.00 a 21.00 horas de xeito ininterrompido.

Automóviles Dimolk-Peugeot, Caeiro-Renault, J. Lema Multimarca, Miguel – Taller Cinco Multimarca, Rebalcars Multimarca, Vilas Rama – Citroën, V-Car, Chacar Multimarca, Balsacar Multimarca, JGCar, Garvi Automóviles, Grupo Breogán –Toyota e Bercauto son os participantes. Nas súas exposicións atoparemos vehículos de Km.0, seminovo, industrial, mixto, de ocasión, nacional, de importación... En definitiva, unha ampla selección de todo o que ofrece o mercado da automoción nestes momentos, con importantes descontos e con condicións especiais de financiación.

Compartir: