Inicio Carballo ao día Hemeroteca O FIOT 2006 celebrarase na última quincena...

CULTURA

O FIOT 2006 celebrarase na última quincena de outubro

Venres 9 de xuño do 2006

Tamén está confirmada, para esta edición do FIOT, unha das compañías importantes do panorama nacional: Tanttaka Teatroa. Esta compañía vasca representará o coñecido espectáculo El florido pensil, que cumpre dez anos desde a súa primeira representación no ano 1996 e que agora, despóis de ser un dos éxitos da escea nacional máis recente, retómaa a compañía para celebrar o aniversario. Tanttaka Teatroa conta cunha longa e existosa traxectoria no panorama teatral, acadando éxitos moi importantes cos seus espectáculos como varias nominacións aos Premios Max de Teatro.

Premio do público 2005

Ademáis, a organización do FIOT realizou as xestións para contar coa presenza do ganador do Premio do Público 2005, aínda que por compromisos contraídos con anterioridade non poderá estar nesta edición. De todas formas, comprometeuse para participar en vindeiras edicións e así recoller o premio. O gañador foi Rafael Álvarez el Brujo cunha puntación de 4,77.

Compartir: