Inicio Carballo ao día Hemeroteca Unha vez instalados os servizos, a semana que...

Unha vez instalados os servizos, a semana que vén comezará a pavimentación con cemento do núcleo do Rodo

O goberno municipal pretende seguir estendendo a outros núcleos singulares o modelo iniciado en Cances Grande

Xoves 30 de agosto do 2018 Carballo ao día

Luis Lamas, Evencio Ferrero e Ángel Vázquez, no Rodo

Luis Lamas, Evencio Ferrero e Ángel Vázquez, no Rodo

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, visitaron as obras que están a executarse no núcleo do Rodo (Oza). Unha vez completada a instalación dos servizos, a semana que vén comezará a pavimentación con cemento de todas as pistas. O alcalde e o concelleiro estiveron acompañados por un representante da empresa adxudicataria das obras, Construcciones Vázquez y Reino, e tiveron a oportunidade de conversar con varios veciños e veciñas, que expresaron a súa satisfacción coa actuación en marcha.

O Rodo é un núcleo tradicional que conserva en boa medida a súa tipoloxía orixinal, e por iso optouse por realizar unha actuación semellante á que se levou a cabo en Cances Grande. Neste caso suporá a pavimentación con cemento dun total de 8.885 metros cadrados de vías. Ademais, dado que no Rodo xa se instalou no ano 2016 a rede de saneamento e tamén haberá auga pública cando se execute o proxecto de abastecemento a Oza e Razo, xa se aproveitan estas obras para deixar lista  a canalización. O investimento acada os 186.340 euros.

O goberno municipal pretende seguir a estendendo este modelo a outros núcleos singulares. De feito, con cargo ao superávit do ano 2017 xa está previsto acometer un proxecto similar en Castrillón (Lema), cun orzamento de 249.865,92 euros.

Compartir: