Inicio Carballo ao día Hemeroteca A posta a punto dos colexios para o novo curso...

A posta a punto dos colexios para o novo curso incluíu unha campaña preventiva de desinfección, desratización e desinsectación

O servizo municipal de control de pragas rematou hoxe a revisión dos edificios escolares

Xoves 6 de setembro do 2018 Carballo ao día

Persoal do servizo municipal de control de pragas, no CEIP Fogar

Persoal do servizo municipal de control de pragas, no CEIP Fogar

No Concello de Carballo queremos que o curso comece nas mellores condicións, e por iso, ademais de acometer unha serie de melloras nas infraestruturas e nos equipamentos dos centros de infantil e primaria, nos últimos días vimos de levar a cabo unha campaña preventiva de desinfección, desratización e desinsectación de todos os colexios. O traballo rematou hoxe no CEIP Fogar.

O servizo municipal de control de pragas aproveitou estas datas, xa na recta final das vacacións de verán para o alumnado, para levar a cabo a campaña, que, dentro da liña de prevención pola que apostamos desde o Concello, repetirase no Nadal e na Semana Santa.

O servizo municipal de control de pragas tamén se encárgase da desratización no casco urbano, por unha banda realizando controis mensuais preventivos e, por outra, atendendo os avisos que se reciben pola posible presenza de roedores. En todos os casos realízase unha inspección e, de ser preciso, aplícase o tratamento axeitado. As persoas que detecten a presenza de roedores poden chamar ao Concello de Carballo ao 981 704 100 (servizo de medio ambiente) ou á empresa concesionaria do servizo, Plaguiber, ao 981 754 699.

Compartir: