Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Mesa Local de Comercio aprobou as...

A Mesa Local de Comercio aprobou as próximas iniciativas do Centro Comercial Aberto

O CCA incrementa o seu programa de actividades para este ano coa organización dun mercadiño para os días 22 e 23 deste mes

Xoves 6 de setembro do 2018 Carballo ao día

A Mesa Local de Comercio reuniuse na Casa do Concello

A Mesa Local de Comercio reuniuse na Casa do Concello

A Mesa Local de Comercio vén de celebrar unha xuntanza para aprobar as próximas iniciativas que levará a cabo o Centro Comercial Aberto (CCA), que introduce dúas modificacións con respecto ao programa de actividades presentado o pasado mes de febreiro.

Por unha banda, os días 22 e 23 deste mes celebrarase un mercadiño no segundo andar do Mercado Municipal, cun formato semellante ao da Feira das Oportunidades. Nesta ocasión participarán unha vintena de comercios da localidade. Por outra banda, este ano o tradicional desfile de moda virá acompañado doutras actividades que converterán a xornada da súa celebración, en principio o 20 de outubro, nunha fashion.

A Mesa Local de Comercio, que deu o seu visto bo ás propostas, estivo presidida polo concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, e contou coa participación de Milagros Lantes, en representación do BNG; Carmen Freire, do CCA; Jesús Casal, da Asociación de Comerciantes, Hostaleiros/as e Profesionais do Barrio da Milagrosa, e Yolanda Pérez, da Unión de Consumidores/as de Galicia.

Compartir: