Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acollerá a celebración das...

TECNOLOXÍA

Carballo acollerá a celebración das primeiras xornadas de GPS e navegación

Martes 13 de xuño do 2006

As xornadas abriranse o sábado 17 de xuño, ás 10,30 horas, coa entrega da documentación. Media hora máis tarde, o grupo de empresas ITC impartirá unha conferencia sobre o Control de Flotas por GPS. Esta conferencia é ideal para empresarios do transporte que queiran aforrar de custos provocados polo aforro do tempo, pola capacidade para resolver incidencias inmediatamente, pola planificación óptima das xornadas laborais e polo aumento considerable da productividade de cada un dos vehículos. Ás 12,30 horas, a empresa Lógica será a encargada de falar das Medicións precisas por GPS, cunha conferencia dirixida a empresas que precisen realizar medicións de precisión, técnicos de entidades públicas, peritos, arquitectos ou aparelladores.

Na xornada do domingo, 18 de xuño, o piloto galego Antonio Amor Campos falará ás 10,30 horas do GPS hoxe. A conferencia está pensada en todas aquelas persoas que queiran adquirir uns coñecementos básicos sobre o uso do GPS para a navegación en vehículos a motos ou a pé, ademais de facer un esdo de situación do mundo do Gps a día de hoxe. Ás 16,oo horas haberá unha Saida práctica para buscar puntos de GPS previamente definidos, para o cal se contará coa axuda e coas indicacións do poñente de da xornada Antonio Amor Campos. Ás 18,00 horas voltarase ao ao Pazo da Cultura para un turno de preguntas e consultas e ás 19,00 horas terá lugar a clausura das xornadas.

Compartir: